Os casos activos baixan do milleiro na área sanitaria

Pontevedra
24 de febreiro 2021

A Consellería de Sanidade informa que este mércores 24 de febreiro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés conseguiu baixar desa barreira psicolóxica dos mil casos de covid-19. A día de hoxe son 983 os casos activos nesta área sanitaria despois de rexistrarse un descenso de 53 casos menos na última xornada

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara / Cristina Saiz

A Consellería de Sanidade informa que este mércores 24 de febreiro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés conseguiu baixar desa barreira psicolóxica dos mil casos de covid-19. A día de hoxe son 983 os casos activos nesta área sanitaria despois de rexistrarse un descenso de 53 casos menos na última xornada.

Detectáronse 44 novos contaxios.

Tamén haja a presión hospitalaria establecéndose en 55 pacientes de covid ingresados en planta de hospitalización.

Concretamente son 49 persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no QuirónSalud Miguel Domínguez e 6 no Hospital do Salnés.

En canto á Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo seguen ingresados 17 pacientes críticos.

Así mesmo, permanecen 911 casos de coronavirus evolucionando nos seus respectivos domicilios cunha sintomatoloxía leve.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 11.061 pacientes. Na última xornada foron 97 as persoas curadas.

Faleceron por este virus na área sanitaria 147 pacientes.

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 597 probas, que se engaden ás 161.816 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.292, deles 2.351 son da área da Coruña, 748 da de Lugo, 509 da de Ourense, 983 da de Pontevedra, 1.127 da área de Vigo, 807 da de Santiago e 767 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 133 están en UCI, 501 en unidades de hospitalización e 6.658 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 101.975 persoas curadas, rexistrándose 2.196 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.641.875.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 179.156.