Os Chichisos tamén dan clase na escola

Vilaboa
03 de febreiro 2023

O Grupo de Música Tradicional e Asociación Cultural Os Chichisos ven de dar un concerto didáctico no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa

Concerto didáctico dos Chichisos no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa
Concerto didáctico dos Chichisos no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa / Os Chichisos

O Grupo de Música Tradicional e Asociación Cultural Os Chichisos vén de dar un concerto didáctico no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa.

O alumnado de esta escola, nenos de 3 a 6 anos, aprenderon a facer música cos diferentes instrumentos "humildes" tales como piñas, botella de anís, cunchas de vieira ou lata de pimentón, entre outros. 

E tamén probaron os instrumentos tradicionais como son a pandeireta, o bombo, o tamboril, o charrasco ou a gaita de fol.

Os Chichisos atoparon a total implicación e interés do alumnado e tamén dos familiares e especialmente os docentes aos que agradeceron a experiencia.