Os clientes do mercado de Ponte Caldelas terán este mes agasallos e vales

Ponte Caldelas
22 de maio 2018

O Concello de Ponte Caldelas, a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e os praceiros locais colaboran por segundo ano consecutivo na campaña 'Quere o teu mercado', que forma parte do movemento internacional 'Love your local market'

Campaña 'Quere o teu mercado' en Ponte Caldelas
Campaña 'Quere o teu mercado' en Ponte Caldelas /

O Concello de Ponte Caldelas, a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e os praceiros locais colaboran por segundo ano consecutivo na campaña 'Quere o teu mercado', que forma parte do movemento internacional 'Love your local market' e implicará que durante este mes os clientes recibirán agasallos e vales para a Festa  da Troita.

A campaña inclúe material promocional para engalanar o edificio, como bandeirolas e cartelería, así como mandilóns especiais para os praceiros, que este ano son distintos para os postos de venda de peixe e os demais.

Para os clientes están reservados agasallos como globos, piruletas ou bolsas da compra. Ademais, o Concello de Ponte Caldelas reforza a campaña coa entrega de vales para racións durante a Festa da Troita, que se celebra esta próxima fin de semana. Os vales serán entregados ás persoas que realicen compras superiores aos 30 euros.

O alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro José Manuel Martínez compartiron tempo cos praceiros para presentar esta campaña, que axuda a sacar adiante un mes que non é especialmente forte en ventas.