Os comerciantes da Lama recibiron este venres a visita dos técnicos do plan Revitaliza da Deputación, que lles explicaron a importancia da compostaxe como método alternativo sostible para o tratamento de residuos sólidos urbanos e da necesidade de concienciar á cidadanía de utilizar correctamente os tres composteiros comunitarios que se van a instalar en centro escolar, no centro urbano e nunha zona de edificios do municipio.
Os operarios insistiron na necesidade de separar adecuadamente os residuos para que á hora de funcionar os composteiros e o compost resultante sexan da calidade para reutilizar posteriormente con plenas garantías de salubridade en hortas e xardíns do municipio.
Esta acción enmárcase dentro da campaña de compostaxe emprendida polo goberno local que pretende repartir ademais 200 composteiros individuais por todo o municipio.
Para sacar adiante o proxecto de maneira eficiente, o concelleiro Daniel Vidal explicou que repartirán carteis e folletos informativos así como un vídeo en redes sociais explicando o método para inscribirse e partiricpar no programa de compostaxe e tamén recibir leccións sobre como compostar correctamente.
Estudan ademais a posibilidade de realizar charlas explicativas para todos os beneficiarios, que se irán anunciando nas próximas xornadas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.