Os comercios da zona monumental terán decoración do Nadal feita por usuarios da Asociación Alba

Pontevedra
01 de decembro 2020

La asociación que presta servicio asistencial a personas con enfermedad mental ha donado estos adornos elaborados en los talleres de Príncipe Felipe que los comerciantes adheridos al Centro Comercial Urbano ya pueden pasar a recoger

A Asociación Alba entrega coroas de Nadal elaboradas polos seus usuarios ao CCU Zona Monumental
A Asociación Alba entrega coroas de Nadal elaboradas polos seus usuarios ao CCU Zona Monumental / Mónica Patxot

Representantes da Asociación Alba fixeron entrega este martes aos dirixentes do Centro Comercial Urbano Zona Monumental un pedido de 84 coroas do Nadal que serán repartidas entre os establecementos asociados para a decoración de Nadal.

É a primeira vez que ambas as institucións colaboran e os resultados non puideron ser máis satisfactorios. "Veunos xenial este encargo para retomar a actividade nos talleres ocupacionais cuxa actividade quedara ralentizada como consecuencia da pandemia. Ademais a Zona Monumental creo que quedou satisfeita por ter un produto elaborado polos nosos usuarios", explica Germán Iglesias, representante desta asociación especializada en atender a persoas con  enfermadades mentais e aos seus familiares.

Desde a súa fundación fai xa máis de 25 anos, a Asociación Alba leva atendidos en Pontevedra a máis de 700 usuarios. Ademais de organizar talleres ocupacionais como os que serviron para confeccionar estes adornos, os profesionais desta entidade prestan tamén servizos asistenciais, organizan actividades deportivas e lúdicas e atenden aos usuarios que participan no proxecto de cinco pisos tutelados situados en Príncipe Felipe, nos que os usuarios teñen plena autonomía e ademais reciben a atención que precisan.

O presidente do colectivo comercial, Miguel Lago, quixo agradecer a colaboración da Asociación Alba, "que realiza un labor  importantísima", e lembrou a todos os comerciantes asociados ao Centro Comercial Urbano que xa poden pasar pola oficinas da asociación na Rúa Sierra a recoller unha destas coroas do Nadal tan especiais