As catro deputacións provinciais e a Xunta de Galicia, que constitúen os consorcios encargados da xestión dos parques provinciais de bombeiros, actualmente en folga, rexeitan a proposta de convenio presentada pola representación sindical.
Consideran que non é viable "nin económica nin xuridicamente". Apuntan que a materialización e implementación das previsións que se recollen no escrito invalidaría a xustificación do cambio do modelo de xestión que se acordou previamente e que foron aceptados por ambas as partes sen impugnación algunha.
Advirten tamén que a rotura unilateral dun acordo firme e negociado por unha das partes pode ter consecuencias como o incumprimento das obrigacións pactadas, e a posibilidade de que se presenten reclamacións #ante os tribunais de justica.
Lembran que a aplicación ao persoal do mantemento das condicións do posto de orixe do servizo contra incendios debe ser acordada nos plenos de cada consorcio provincial e amparada polos servizos xurídicos pero expoñen que "en ningún caso esta é automática para os traballadores", xa que sería necesario poñer en marcha un proceso selectivo atendendo aos principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.
Os consorcios instan os representantes sindicais a presentar unha nova proposta de convenio viable para ambas as partes.
Tamén recoñecen que sería "oportuno reconfigurar" o modelo de reunións de negociación para que sexan máis "dinámicas" e "operativas".
O colectivo do persoal de bombeiros mantén a convocatoria dunha manifestación masiva en Santiago de Compostela para o 17 de novembro para reivindicar melloras laborais e salariais.