Os cupóns da ONCE difunden a Feira Franca

Pontevedra
29 de agosto 2017

Cinco millóns e medio de cupóns levarán por toda España esta festa declarada de Interese Turístico pola Xunta de Galicia en 2013

Cupón da ONCE difundido a Feira Franca
Cupón da ONCE difundido a Feira Franca / ONCE

O cupón da ONCE do sábado 2 de setembro difunde a Feira Franca de Pontevedra.

Cinco millóns e medio de cupóns levarán por toda España esta festa declarada de Interese Turístico pola Xunta de Galicia en 2013.

A Feira Franca reúne a miles de pontevedreses e visitantes que queren gozar dunhas xornadas festivas. Celébrase a primeira fin de semana de setembro e baséase no privilexio concedido polo rei Enrique IV en 1467, no que se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración.

O cupón da ONCE ofrece, as fins de semana, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón do número e serie premiados na primeira extracción.

Arquivado en