Os emigrantes pontevedreses 'pasan' de votar

Pontevedra
29 de outubro 2012

Tan só 4.054 emigrantes exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións galegas, de 114.754 electores no censo. O intrascendente escrutinio final adxudicou 2.146 votos ao PP, 1.087 para o PSdeG, 201 para AGE e 192 para o BNG. GALERÍA FOTOGRÁFICA NO INTERIOR

Reconto do voto do CERA na Audiencia Provincial
Reconto do voto do CERA na Audiencia Provincial / PontevedraViva

Os emigrantes pontevedreses pasan de votar.

Tan só 4.054 emigrantes exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións galegas, dun total de 114.754 electores no censo da provincia de Pontevedra.

ÿ dicir, unha abstención de 96,47% dos pontevedreses da diáspora.

O reconto iniciouse na Audiencia de Pontevedra ás oito da mañá.

Unha treintena de funcionarios levaron a cabo este proceso que resulta moi áxil grazas ás novas tecnoloxías, especialmente o lector de códigos de barras.

O intrascendente escrutinio final adxudicou 2.146 votos ao Partido Popular, 1.087 para o PsdeG-PSOE, como terceira forza sitúase Beiras con AGE con 201 votos e finalmente 192 para o BNG.