Os empresarios turísticos de Sanxenxo critican as "velocidades de vergoña" na internet

Sanxenxo
15 de outubro 2017

Desde o CETS advirten que "a conectividade é sen dúbida un dos principais cabalos de batalla para o noso sector en Sanxenxo, que debe mellorar para poder garantir a chegada destes fluxos de visitantes, especialmente estranxeiros"

Dúas persoas na praia co seu teléfono móvil
Dúas persoas na praia co seu teléfono móvil

O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) critica que este municipio turístico non pode permitirse "velocidades de vergoña" de 3 megabytes na internet "pagando cotas iguais a cidades que ofrecen 100 megabytes ao mesmo prezo".

Desde o CETS advirten que "a conectividade é sen dúbida un dos principais cabalos de batalla para o noso sector en Sanxenxo, que debe mellorar para poder garantir a chegada destes fluxos de visitantes, especialmente estranxeiros".

Neste sentido os empresarios lembran que o turismo é o maior xerador de emprego deste municipio e apelan ao Concello e á Xunta de Galicia para buscar "unha solución real e definitiva a un asunto que non se pode estender máis no tempo".

Estenden esta colaboración publico-privada para traballar xunto ao goberno local nunha "ordenanza de seguridade cidadá que axude a controlar o botellón", e que reforce a eficacia da Policía Local nas súas accións.

"Debemos garantir o equilibrio do goce de todos e o dereito ao descanso", conclúen.