Os escolares pontevedreses edúcanse na 'Melodía da Igualdade'

Pontevedra
19 de novembro 2014

Con motivo do Día Internacional do Neno a concellaría de Benestar Social entrega os premios do concurso 'Melodía da Igualdade' para nenos de Infantil e Primaria

Entrega de premios do concurso 'Melodía da Igualdade'
Entrega de premios do concurso 'Melodía da Igualdade' / Mónica Patxot

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Neno a concellaría de Benestar Social del Concello de Pontevedra entregou os premios do concurso 'Melodía da Igualdade'.

Trátase dun concurso organizado xunto á Fundación Meniños destinado a nenos de Infantil e Primaria dos colexios pontevedreses, que debían reflexionar nos seus traballos sobre o dereito á igualdade.

O acto, celebrado no Teatro Principal, pechouse co contacontos 'Antía, Wamba e o regato pequeno', da compañía A Tropa de Trapo, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Os gañadores do concurso foron:

  • Categoría 3 anos: Noa Prado Rojas (CEIP Froebel), Adrián Vales Reina (CEIP Froebel), Lucía De Cabo Pintos (CEIP Froebel).
  • Categoría 4 anos: Tiago Carballo Varela (CEIP Cabanas), Daniel Ferreira Barcia (CEIP Vilaverde), Miguel Martínez Blanco (CPR Nuestra Señora de los Dolores).
  • Categoría 5 anos: Carla González Sartages (CPR Nuestra Señora de los Dolores), Mateo Requejo Giraut (CEIP Vilaverde), Aimee Novegil Paratcha (CEIP Vilaverde).
  • Categoría 1º e 2º Primaria: Lúa Couchot Moledo (CEIP Carballeira), Daniel Ortins Méndez (CEIP Álvarez Limenes), Paula Azcueta Vidal (CEIP Marcos da Portela).
  • Categoría 3º e 4º Primaria: Candela Lorenzo Loira (CEIP Froebel), André Pazo Domínguez (CEIP Marcos da Portela), Anxo Estévez Carballo (CEIP Froebel).
  • Categoría 5º e 6º Primaria: Amanda Fernández Menéndez (CPR Sagrado Corazón), Laura Timmer Hernando (CPR Sagrado Corazón), Rodrigo Eloy Cid Otero (CPR Sagrado Corazón).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora