Os establecementos de Marín en Rede poñen as rosas no Día do Libro

Marín
22 de abril 2021

A campaña "Chega a primavera a Marín en Rede" vén de rematar e, por iso, desde o Concello, lembran que desde este venres 23, Día do Libro, e durante o 24 e o 25, as persoas que participasen e fixesen as súas compras nos establecementos adheridos a Marín en Rede poden canxear os seus tickets de compra

Roseiras da campaña de Marín en Rede
Roseiras da campaña de Marín en Rede / Concello de Marín

A campaña "Chega a primavera a Marín en Rede" vén de rematar e, por iso, desde o Concello, lembran que desde este venres 23, Día do Libro, e durante o 24 e o 25, as persoas que participasen e fixesen as súas compras nos establecementos adheridos a Marín en Rede poden canxear os seus tickets de compra por valor de 30 euros na Oficina de Turismo de Praza de España, onde se lles dará unha roseira.

O horario para a recollida das prantas será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a excepción do domingo, que será só de mañá.

Desde o Concello, animan a todos os establecementos da vila a unirse a Marín en Rede, que xa leva recolectadas cerca de 200 adhesiones e xa están a pensar na próxima campaña de promoción da economía local de cara o verán.