Os 'faladoiros feministas' abordarán a perspectiva feminista na literatura actual

Pontevedra
27 de marzo 2023

A concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) organizarán este mércores 29 de marzo un novo Faladoiro Feminista. Nel, abordarase a incorporación da perspectiva feminista na literatura actual. Será na primeira planta do CIM, no horario de 19:00 a 20:30 horas

Lorena Conde Martínez, gañadora da terceira edición do certame literario María Victoria Moreno
Lorena Conde Martínez, gañadora da terceira edición do certame literario María Victoria Moreno / Mónica Patxot-Arquivo

A concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) organizarán este mércores 29 de marzo un novo Faladoiro Feminista.

Nel, abordarase a incorporación da perspectiva feminista na literatura actual. Será na primeira planta do CIM, no horario de 19:00 a 20:30 horas. 

Este coloquio tamén forma parte da programación do 8M, Día da Muller. 

A charla será introducida pola concelleira de Igualdade, Yoya Blanco. Estará moderada pola xornalista Chus Gómez e contará coas autoras Ana Cabaleiro López e Lorena Conde Martínez, analizando o contido das súas obras 'Deixádenos remar' e 'Velloucas e minchas'.

Da mesma maneira que o coloquio realizado o 22 de marzo da Lei de Liberdade Sexual, este faladoiro será gratuíto ata completar a capacidade do CIM.

Ademais, gravarase e publicarase na páxina web do Concello e nas redes sociais de Igualdade