Delegados sindicais e traballadores públicos de xustiza protagonizaron este martes unha concentración na Parda "contra a privatización e desmantelamento do servizo público de xustiza".
Vestidos de loito os asistentes mostráronse contrarios aos cambios promovidos polo Goberno nesta materia.
Neste sentido o anteproxecto do Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, foi duramente criticado porque, manteñen, "alejará la justicia de los ciudadanos".
Así o entende entre outros Manuel Valle, representante do sindicato CSIF, que cualifica a situación actual de "desmantelamiento total de la administración de justicia".
Valle referiuse ás intencións de cambiar o mapa xudicial para centralizalo en Pontevedra, unha decisión que, di, "es lo mismo que si ahora nos cogen y nos dejan un único hospital provincial, es un disparate".
O representante dos traballadores de xustiza cre que a desaparición do xulgado que o cidadán ten "al lado de casa" producirá unha grande indefensión aos usuarios, independentemente de que o partido xudicial teña a súa sede en Pontevedra ou Vigo, como reclama o seu alcalde, Abel Caballero.
A este respecto Enrique Araújo, do Sindicato de Traballadores da Xustiza (STAJ), sinala ademais que desaparecería un importante número de emprego na provincia, pero é que ademais Pontevedra non podería asumir segundo o seu criterio o volume de causas que lle chegarían aínda que estivese rematado o novo edificio xudicial proxectado.
Isto pasaría, defende Araújo, porque "está pensado para 25 nuevos juzgados y si asume toda la provincia estamos hablando de 80 o más".