Os futuros profesores experimentan a sensación de ser invidentes

Pontevedra
05 de decembro 2016

Da man de María e da súa cadela guía Onara, estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte puideron coñecer este luns as dificultades e obstáculos aos que se enfrontan as persoas que non poden ver

Sesión para comprobar as dificultades ás que se enfrontan as persoas invidentes
Sesión para comprobar as dificultades ás que se enfrontan as persoas invidentes / DUVI

Adestrar un can para que sexa guía dun invidente ten un custo de 30.000 euros. É un dos datos que sorprendeu a estudantes da Facultade de Ciencias dá Educación e do Deporte no campus de Pontevedra durante a mañá deste luns que nunha actividade promovida pola Comisión PEA-Unesco e pola profesora María Luisa Rodicio experimentaron as dificultades coas que se atopan as persoas con dificultades de visibilidade, segundo publica o DUVI.

A través de María e da súa cadela guía Onara, estes estudantes coñeceron nas súas propias carnes os obstáculos aos que teñen que enfrontarse as persoas invidentes todo os días.

A actividade desenvolveuse cun exercicio no que os estudantes tiña que camiñar cos ollos vendados e un bastón polo salón de actos sorteando barreiras que María foi colocando en distintos puntos. A cadela guía axudáballes no percorrido.

Esta actividade celébrase con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e que se enmarca dentro das iniciativas da materia Titoría e orientación á familia, do grao en Educación Infantil. Unha actividade na que se incidiu nas dificultades que teñen que afrontar, sobre todo, os escolares invidentes e as pautas para intervir neses casos.