Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, aprehedéronse de preto de 50 quilos de marisco, de 48 útiles e de 750 metros de artes de enmalle. Unha das actuacións máis destacadas foi en Bueu e Beluso e nela os axentes requisaron 31 quilos de centola, preto de cinco quilos de boi, tres quilos de nécora e un de ameixa babosa. Tamén incautaron oito salabardos e sete nasas debido a que todo estaba sen identificar.
Na ría de Arousa os axentes requisaron máis de 261 quilos de peixe e marisco e 166 útiles.
O operativo máis destacado desenvolveuse por terra en Vilagarcía de Arousa xunto coa Policía Autonómica. Alí os axentes requisaron máis de 100 quilos de vieira que estaba sen documentar e un vehículo.
Nos últimos días no litoral de Galicia os axentes requisaron máis de 580 quilos de distintas especies peixe e marisco, preto de 280 útiles e un vehículo en distintos controis realizados Ademais tamén incautaron 1.200 metros de artes de enmalle.