Os hostaleiros de Sanxenxo deben renovar a licenza de terrazas antes de que finalice o mes de marzo

Sanxenxo
02 de marzo 2020

O regulamento entrou en vigor o pasado 18 de febreiro, pero ata o momento ningún establecemento tramitou o novo permiso

Terraza
Terraza / Juan Mejuto

O  Concello de Sanxenxo difundiu este domingo un bando en distintos espazos municipais no que lembra aos establecementos hostaleiros a necesidade de renovar a licenza das súas terrazas en terreos de uso público. O regulamento entrou en vigor o pasado 18 de febreiro, pero ata o momento ningún local tramitou o permiso que deberán solicitar no departamento de Urbanismo.

Os hostaleiros deberán achegar coa renovación da instalación un plano no que se acoute a medida concreta da estrutura, o número de cadeiras e as mesas que se prevén colocar, así como as estruturas anexas como  paravientos ou toldos.

O bando recolle como prazo máximo o 31 marzo para que as instalacións estean completamente regularizadas durante a próxima Semana Santa.

O goberno local concedeu unha moratoria aos locais hostaleiros ata o 21 de marzo. Este período transitorio aplicarase aos artigos 6, 8 e 9 que se refiren ás características físicas das terrazas como plataformas, mobiliario e elementos auxiliares. 

A moratoria non inclúe aspectos fundamentais como o referente ás medidas da instalación nin tampouco ao espazo que deben deixar para o paso dos peóns e viandantes, 1,80 metros como mínimo. Respecto a os horarios, xa en vigor desde o pasado 18 de febreiro, a apertura poderase realiza a partir das oito da mañá. O peche será, de novembro a maio ás dúas da madrugada, mentres que de xuño a outubro poderá chegar ás dúas e media.