Os magostos enchen de castañas as prazas da cidade

Pontevedra
08 de novembro 2015

Chegan os magostos á cidade da man de distintas asociacións de veciños e tamén do Concello, que colaborou na organización de catro magostos que se celebraron este sábado, 7 de novembro, en distintos barrios da cidade: nas prazas da Curtidoira, Europa, Pedreira e no Centro Leste

Magosto no Gorgullón
Magosto no Gorgullón / Diego Torrado

A cidade de Pontevedra cheira a castañas asadas durante esta fin de semana. Chegan os magostos á cidade da man de distintas asociacións de veciños e tamén do Concello, que colaborou na organización de catro magostos que se celebraron este sábado, 7 de novembro, en distintos barrios da cidade: nas prazas da Curtidoira, Europa, Pedreira e no Centro Leste.

Na praza da Curtidoira fixéronse actividades para nenos e houbo actuación dos gaiteiros do Gorgullón.

Na praza de Europa, de Monte Porreiro, o magosto contou cunha exhibición de zumba e capoeira.

No centro Leste hubo unha actuación do grupo folk Pedra do Lagarto.

O magosto da praza da Pedreira, pola súa banda, estivo organizado pola Asociación Cultural Trepia e nel houbo degustacións gastronómicas e numerosas actuacións musicais.