Os mércores custará 3,90 euros ir ao cine

Pontevedra
08 de xaneiro 2014

O éxito da pasada edición da Festa do Cine, que durante tres días de outubro levou a 1,5 millóns de persoas ás salas con entradas por 2,90 euros, levou ao sector a instaurar os Mércores ao Cine, para fomentar a asistencia mediante prezos especiais. As salas de Cinexpo en Vialia e as de Gran Arousa de Vilagarcía explotadas ambas as dúas por Galicine sumáronse á iniciativa

Espectadores nos cines de Vialia no primeiro día de apertura de Cinexpo, do grupo Galicine
Espectadores nos cines de Vialia no primeiro día de apertura de Cinexpo, do grupo Galicine / Diego Torrado

O éxito da pasada edición da Festa do Cine, que durante tres días de outubro levou a 1,5 millóns de persoas ás salas con entradas por 2,90 euros, levou ao sector a instaurar os Mércores ao Cine, para fomentar a asistencia mediante prezos especiais.

As salas de Cinexpo en Vialia e as de Gran Arousa de Vilagarcía explotadas ambas as dúas por Galicine sumáronse á iniciativa. De modo que todos os mércores incluídos entre o 15 de xaneiro e o 16 de abril custará menos de catro euros.

A páxina web de Galicine xa anuncia estes prezos especiais que non inclúen os festivos, os lentes 3D, as butacas vibratorias nin suplementos das salas VIP.

Con "Mércores ao Cine" a industria pretende buscar "unha maior complicidade co público ao dar continuidade a un día de desconto durante os próximos meses", segundo o comunicado oficial.

A industria cinematográfica pretende chegar a un público que como se observou durante a "Fiesta do Cine", ten gañas de consumir cine en pantalla grande e á vez, demostrou ser sensible ao prezo da entrada.