Os municipios da área sanitaria mantén a súa tendencia descendente no número de casos de covid-19

Pontevedra
10 de marzo 2021

Na cidade de Pontevedra rexistrouse un descenso de 15 casos en comparación coa xornada anterior, mentres que en municipios da contorna como Poio, Marín, Sanxenxo ou Vilagarcía o descenso é menor

Xente paseando con máscaras en Pontevedra
Xente paseando con máscaras en Pontevedra / Cristina Saiz

O número de casos activos na cidade de Pontevedra segue caendo. Este mércores a capital rexistra un total de 81 positivos, 15 menos que na xornada de anterior. A incidencia acumulada a 14 días é de 80 casos por cada 100.000 habitantes. 

En Marín a tendencia á baixa tamén se mantén, con dous casos menos que na última xornada, para facer un total de 51. Mentres que a incidencia acumulada a 14 días, segundo os datos do Sergas sitúanse en 185. En Poio tamén melloran os datos, cun total de 28 casos activos, tres menos que onte e unha incidencia acumulada de 105.

Tamén Sanxenxo comparte o mesmo descenso que o seu municipio veciño ao rexistrar dous casos menos e situarse nun total de 27 cunha incidencia acumulada de 25. Dous casos menos rexistra tamén  Vilagarcia de Arousa, que queda con 32 casos activos e 63 de incidencia acumulada.

A tónica xeral na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue sendo de descenso. Con todo, o nivel de incidencia acumulada aínda segue sendo preocupante os datos de Ponte Caldelas e Soutomaior, que se sitúan en risco alto, entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. Un banzo por baixo están Cambados, Vilanova, Catoira e Marín.

Pola contra, no nivel de risco máis baixo están Bueu, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Ribadumia, O Grove e Portas. Os restantes municipios da área sanitaria rexistran entre 50 e 150 positivos por cada 100.000 habitantes.