Os negocios de Marín afectados pola pandemia poderán recibir unha axuda de 1.000 euros

Marín
13 de decembro 2021

O Concello de Marín acaba de convocar unha nova liña de axudas directas coas que inxectar liquidez á economía local e reducir na medida do posible o impacto da pandemia. Trátase dunha convocatoria dirixida a traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cun máximo de 10 empregados

Rúa comercial de Marín
Rúa comercial de Marín /

O Concello de Marín acaba de convocar unha nova liña de axudas directas coas que inxectar liquidez á economía local e reducir na medida do posible o impacto da pandemia nos negocios da localidade. 

Trátase dunha convocatoria de axudas dirixida a traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cun máximo de 10 empregados e un millón de euros de cifra neta de negocio.

Poderán optar a elas os responsables de cafeterías, bares, restaurantes, axencias de viaxes, ximnasios e centros similares, empresas de organización de eventos e locais de celebracións infantís.

O importe total deste programa de axudas será de case 71.000 euros e os participantes poderán recibir axudas dun máximo 1.000 euros por negocio.

Para poder acceder a estas axudas, os negocios deberán estar en Marín e acreditar que a súa actividade se viu mermada ou pechada forzosamente polas restricións sanitarias.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Marín ata o 19 de decembro.

 A inversión realizarase con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.