Os nenos que participan na ludoteca das Escolas Deportivas do Concello de Poio achegáronse nos últimos días ata unha realidade que teñen preto, pero moitas veces é unha descoñecida: o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Participaron nun proxecto divulgativo sobre este espazo que engloga as illas de Ons, Cies, Sálvora e Cortegada.
Segundo informaron dende as Escolas Deportivas de Poio, os nenos pudieron ver un power point onde coñeceron as illas e as súas flora e fauna e, a continuación, realizaron actividades máis prácticas como pescar, catalogar ou elaborar un caderno de campo.
O organismo autónomo que xestiona o Parque Nacional considera que a protección deste espazo protexido é tarefa de toda a sociedade, de aí a importancia do seu coñecemento e valorización. A este respecto, considera imprescindible a implicación da poboación local, polo que centra os seus esforzos na divulgación dos seus valores naturais e culturais no ámbito máis próximo.
Con este fin, o Parque Nacional desenvolve varios programas e actividades dirixidos especialmente aos escolares do territorio próximo, cun índice moi alto de participación, e ao público en xeral cuxos resultados están sendo moi positivos.