Os nenos e nenas de Sanxenxo tamén se ilusionan cos Reis Magos

Sanxenxo
06 de xaneiro 2018

A choiva respectou á comitiva real e a cabalgata púidose realizar sen problemas entre Portonovo e Sanxenxo

Os Reis Magos en Sanxenxo
Os Reis Magos en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Aos Reis Magos gústalles tanto Sanxenxo que ao contrario que noutros lugares deixáronse ver no municipio durante dous días.

Centos de nenos e nenas puideron gozar o venres da cabalgata de Reis, grazas sobre todo ao respiro da climatoloxía, ilusionándose ao ver ás súas Maxestades de Oriente.

A comitiva partiu desde o porto de Portonovo ás 18:30 horas para dirixirse ao porto de Sanxenxo a través de Rafael Picó, Baltar, Punta Vicaño e o Paseo de Silgar.

Tras unha noite de moito traballo Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron tamén presentes este sábado na cabalgata de ios, que se suma á organizada en Noalla a partir das 18:00 horas.