Os nenos resístense a deixar ir as atraccións

Pontevedra
19 de agosto 2014

Subidos á nora, as Supertortugas, os inchables ou os coches de choque, os máis pequenos resistíanse este luns a deixar ir as festas pontevedresas. Invadiron o ámbito da avenida Montero Ríos, Raiña Victoria e a Alameda animados polos prezos reducidos e embriagados pola posibilidade de gozar unha xornada máis da diversión dos últimos dez días

Día do neno nas Festas da Peregrina
Día do neno nas Festas da Peregrina / PontevedraViva

O concerto de A Roda prolongou máis alá do previsto a programación das Festas da Peregrina 2014 despois de ter que ser aprazado pola ameaza de chuvia. Este luns os pontevedreses adultos agarráronse a esta actuación para non deixar irse o ambiente festivo. Os nenos aferráronse ao día en que, cada ano, se converten nos protagonistas: o Día do Neno, en que as atraccións de feira ofrecen ofertas especiais.

Subidos á nora, as Supertartarugas, os inchables ou os coches de choque, os máis pequenos resistíanse este luns a deixar ir as festas pontevedresas. Invadiron o ámbito da avenida Montero Ríos, Raiña Victoria e a Alameda animados polos prezos reducidos e embriagados pola posibilidade de gozar unha xornada máis da diversión dos últimos dez días. Os pais acompañábanlles respirando tranquilos porque as atraccións presentaban rebaixas de ata un 50%.