O ritmo do descenso nos casos activos de covid-19 freouse nas últimas horas en toda Galicia. Iso si, continúan baixando aínda que sexa unha caída menos pronunciada.
No caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai 15 infectados menos que onte, ata un total de 442, segundo recolle o balance diario do Servizo Galego de Saúde. Os contaxios, pola súa banda, creceu desde os 3 que se rexistraron onte ata os 12.
O número de pacientes hospitalizados sitúase en 29, un menos que a xornada anterior.
A maior parte dos hospitalizados (15) están en sendo atendidos en Montecelo. Outros cinco están no Hospital do Salnés. Non hai ningún paciente covid, pola súa banda, no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
No caso dos críticos, que están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo, aumentaron a 9, un máis dos que había onte.
O resto dos que contraeron o virus, outras 413 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 11.887 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 28 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 159 falecementos asociados ao virus. O último deles, un home de 78 anos que morreu en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 170.117, 322 nas últimas horas. Delas, 11 deron positivo (3,41 %). A estas probas súmanse as 86.696 seroloxías realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.422, 88 menos que o día anterior. Deles 1.211 son da área da Coruña, 282 da de Lugo, 219 da de Ourense, 442 da de Pontevedra, 610 da área de Vigo, 379 da de Santiago e 279 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 292 en unidades de hospitalización e 3.053 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 108.192 persoas curadas, rexistrándose 2.278 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.726.452 probas PCR, 5.551 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar a 116 novos infectados.