Os pais do colexio San José presentan 200 sinaturas contra os cambios viarios en Arcebispo Malvar

Pontevedra
17 de decembro 2013

O colectivo de nais reuniuse co edil do PP, Jacobo Moreira, que comprometeuse a trasladar ao pleno as súas demandas viarias

O grupo municipal do Partido Popular trasladará a un vindeiro pleno, previsiblemente o ordinario do mes de xaneiro, "o conflito xerado polo alcalde Lores coa decisión de expulsar aos pais e nais do colexio de San José, situado na praza do Teucro, da rúa do Arcebispo Malvar á hora de deixar aos nenos para ir ao centro educativo".

Jacobo Moreira reuniuse este martes cunha representación do colectivo, que lle transmitiu a súa contrariedade "pola teima municipal de non atender a súa demanda ".

A concellaría de Seguridade Cidadá aplicou reaxustes na rúa Arcebispo Malvar, impedindo aparcar os pais que ian recoller ao seus fillos nos colexios próximos, antes o permitían de forma excepcional e durante un cuarto de hora.

Esta decisión obriga ao colectivo a deixar aos nenos na confluencia entre a praza de Valentín García Escudero e a rúa Sierra, con permiso para parar, pero non para aparcar os vehículos. As maiores queixas derívanse do feito de que os nenos teñen que achegarse sós dende alí ata o colexio.

Segundo explicaron estas nais, o concelleiro César Mosquera, nun encontro suxeríulles que negociaran un prezo económico co propietario do párking soterrado do Mercado.

Moreira introducirá o asunto nun próximo pleno municipal. Pola súa banda, as familias presentaron este martes no Concello un escrito coas súas demandas avalado por máis de 200 firmas.