Os pivotes da nova praza do Hospital son "mortais", segundo o PP

Pontevedra
27 de maio 2016

O Partido Popular solicitará ao goberno municipal a retirada dos pivotes que impiden o acceso directo ao Hospital Provincial e que foron colocados tras a creación da praza pública diante do centro sanitario. Farao no próximo pleno municipal, trasladando unha queixa de veciños da zona

Pivotes instalados na nova praza do Hospital Provincial
Pivotes instalados na nova praza do Hospital Provincial / Partido Popular de Pontevedra

O Partido Popular solicitará ao goberno municipal a retirada dos pivotes que impiden o acceso directo ao Hospital Provincial e que foron colocados tras a creación da praza pública diante do centro sanitario.

Farao no próximo pleno municipal, trasladando unha queixa de veciños da zona.

Jacobo Moreira asegura que estes pivotes, colocados para impedir o paso de vehículos desde Cobián Areal, son "mortais" porque no caso dunha urxencia "impiden o acceso directo" ao hospital.

"Un vehículo que acode ao Provincial cunha urxencia médica non debería atoparse con obstáculos, pois en moitos casos, o tempo xoga na súa contra", sinala o portavoz popular.

O PP lembra que para poder acceder ao Hospital desde Cobián Areal, os veciños vense obrigados a dar a volta por José Millán, San Antoniño, Casimiro Gómez e Loureiro Crespo, "unha volta que supón unha perda de tempo que en ocasións pode supoñer a diferenza entre salvar a vida e perdela", algo que podería resolverse sen eses pivotes.

Moreira pedirá así ao BNG que se adopte unha medida similar pero que non impida a accesibilidade, dando solución así ás persoas que acoden ao hospital por unha urxencia médica.