Os populares esixen a reforma da rúa da Torre, no barrio do Burgo

Pontevedra
21 de marzo 2017

A formación que encabeza Jacobo Moreira solicitará formalmente, a través dunha moción que presentaron este martes, a reforma "dunha das zonas máis degradas da cidade" e que é a única conexión real entre o Campus Universitario e o barrio de O Burgo

Rúa da Torre PP de Pontevedra

Tras o acordo alcanzado este pasado luns polo pleno municipal para o arranxo das diversas deficiencias que presenta a contorna do Estadio Municipal de Pasarón, os populares esixirán que se inclúa tamén a reforma da rúa da Torre.

A formación que encabeza Jacobo Moreira solicitará formalmente, a través dunha moción que presentaron este martes, a reforma "dunha das zonas máis degradadas da cidade" e que é a única conexión real entre o campus universitario e o barrio do Burgo.

Segundo sinalou nun comunicado o grupo municipal do PP, esta zona non conta nin con desaugadoiros, nin con beirarrúas que faciliten o tránsito aos peóns.

Engaden ademais que o firme atópase en moi mal estado con numerosas fochancas, os colectores son vellos e están mal situados. A ausencia de puntos de luz é outro dos numerosos problemas que recollen os populares.