Os populares piden destinar o superávit do Concello aos sectores máis afectados pola pandemia

Pontevedra
16 de setembro 2020

Nunha moción que presentarán ao pleno o vindeiro luns, os populares solicitarán que o goberno municipal destine todo ese diñeiro a medidas de apoio á hostalería, o comercio, o turismo ou os autónomos, e a reforzar os servizos sociais

Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP
Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP / Partido Popular de Pontevedra

O superávit municipal dos anos 2018 e 2019, liberado polo Goberno central ao suspender a regra de gasto dos concellos, debe ser utilizado polo Concello de Pontevedra para axudar aos sectores máis afectados pola pandemia. Así o reclamou o Partido Popular.

Nunha moción que presentarán ao pleno o vindeiro luns, os populares solicitarán que o goberno municipal destine todo ese diñeiro a medidas de apoio á hostalería, o comercio, o turismo ou os autónomos, e a reforzar os servizos sociais.

O portavoz do PP, Rafa Domínguez, lamentou que tras seis meses de pandemia, o Concello "aún no ha tomado una única decisión económica ni sobre temas sociales" e denunciou que o alcalde está "desaparecido".

Tras ironizar con que o executivo municipal "igual está esperando a una tercera oleada" para tomar estas decisións, Domínguez volveu a criticar que o  Concello aínda non publicase as bases para a concesión de axudas a autónomos e microempresas.

"A Lores se le tendría que caer la cara de vergüenza por no ser capaz de sacar adelante una ayuda en más de medio año. Mientras, siguen cerrando comercios y locales de hostelería", denunciou o líder popular, que esixe medidas "para los que lo están pasando peor".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora