O superávit municipal dos anos 2018 e 2019, liberado polo Goberno central ao suspender a regra de gasto dos concellos, debe ser utilizado polo Concello de Pontevedra para axudar aos sectores máis afectados pola pandemia. Así o reclamou o Partido Popular.
Nunha moción que presentarán ao pleno o vindeiro luns, os populares solicitarán que o goberno municipal destine todo ese diñeiro a medidas de apoio á hostalería, o comercio, o turismo ou os autónomos, e a reforzar os servizos sociais.
O portavoz do PP, Rafa Domínguez, lamentou que tras seis meses de pandemia, o Concello "aún no ha tomado una única decisión económica ni sobre temas sociales" e denunciou que o alcalde está "desaparecido".
Tras ironizar con que o executivo municipal "igual está esperando a una tercera oleada" para tomar estas decisións, Domínguez volveu a criticar que o Concello aínda non publicase as bases para a concesión de axudas a autónomos e microempresas.
"A Lores se le tendría que caer la cara de vergüenza por no ser capaz de sacar adelante una ayuda en más de medio año. Mientras, siguen cerrando comercios y locales de hostelería", denunciou o líder popular, que esixe medidas "para los que lo están pasando peor".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.