O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra crear unha liña directa de axudas para as traídas de auga xestionadas por comunidades de usuarios.
Segundo os datos que manexa o PP, estas comunidades supoñen no rural un 90% dos casos.
O voceiro do PP, Jorge Cubela explicou no último pleno que moitos concellos teñen dificultades para poder acollerse ao Plan Provincial de Axudas contra a Seca, porque se exclúe ás traídas de auga veciñais, a pesar de que son as que dan servizo a unha parte importante do rural e é a solución máis eficiente para abastecer a poboacións máis alonxadas.
Cubela asegura que é unha situación que afecta a unha parte importante do rural da provincia polo que insiste en que é necesario articular unha liña de axudas por concorrencia competitiva para as traídas xestionadas por comunidades de usuarios.