Por mor dos altercados que se produciron en Pontevedra no que vai de ano, a responsable da área de Servizos Sociais do PP de Pontevedra, Silvia Junco, demandou a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade para atallar esta serie de problemas de seguridade cidadá.
Segundo destacou a concelleira do partido popular, "producíronse varios furtos nunha xoiería de Benito Corbal e nun supermercado de Javier Puig, cinco roubos polo método do tirón, dous roubos con violencia na contorna do río Gafos e un atraco a un taxista nas proximidades da Alameda". Engade tamén "o intento frustrado doutro ladrón que roubou nun supermercado da avenida de Vigo antes de que se decatase unha das dependentas".
Esta serie de problemas levaron aos populares a solicitar que na próxima reunión da Xunta Local de Seguridade refórcese a presenza policial, diúrna e nocturna, polas rúas da cidade, ademais de mellorar a iluminación das parroquias e do centro urbano para reducir os riscos de posibles altercados.
O obxectivo do Partido Popular con esta reivindicación é "mellorar os espazos de seguridade cidadá para os veciños e visitantes de Pontevedra".