Os populares ven "moi mellorable" a organización da Festa da Troita

Ponte Caldelas
30 de maio 2017

O Partido Popular asegurou que a organización da Festa da Troita foi "moi mellorable" e lamentou que coa situación da carpa de polbo e churrasco no medio da Alameda, en lugar de enxalzar a degustación de troitas, "se fixo unha competencia desleal á hostalería local"

Cargos do PP gozando da Festa da Troita
Cargos do PP gozando da Festa da Troita /

O Partido Popular asegurou que a organización da Festa da Troita foi "moi mellorable" e lamentou que coa situación da carpa de polbo e churrasco no medio da Alameda, en lugar de enxalzar a degustación de troitas, "se fixo unha competencia desleal á hostalería local".

"Se a escusa para isto é que exista unha alternativa ás troitas, na vila existen varios locais de hostalería que supoñen unha magnifica alternativa", afirmou Ricardo Castro.

Os populares sinalan que a festa perdeu o seu carácter sostible, xa que a degustación se fixo con vasos e pratos de plástico e que existiron "importantes erros" de seguridade como non pechar o trafico a Rúa do Emigrante, a Rúa de Marín ou a Praza de España, nas que se situaron as atraccións.

O PP agarda que estas decisións "non poñan en risco o estatus de Festa de Interese Turístico Autonómico, que ten este evento de Ponte Caldelas dende hai varios anos".