Os positivos por covid-19 chegan ata os 2.455 e as hospitalizacións son xa 154, trinta delas na UCI

Pontevedra
31 de xaneiro 2021

Tampouco afrouxa, segundo os datos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o número diario de contaxiados. Neste caso, foron 168 novos infectados. Con estes datos, os casos activos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúanse xa en 2.455. É a área onde máis crece a incidencia

Entrada ao servizo de Urxencias de Montecelo
Entrada ao servizo de Urxencias de Montecelo / Mónica Patxot

A covid-19 segue poñendo en xaque á situación asistencial da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. As hospitalizacións volven crecer e este domingo situáronse en 154, trece máis que onte. Preocupan especialmente as 30 persoas (unha máis) que están ingresadas na unidade de coidados críticos de Montecelo.

A maior parte dos hospitalizados (124) están nas unidades de hospitalización para enfermos de covid-19, segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde.

En concreto, hai 84 infectados que están a ser atendidos en Montecelo. Outros doce están no Hospital do Salnés e hai dezaseis no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

O resto dos que contraeron o virus, outras 2.301 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Tampouco afrouxa, segundo os datos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o número diario de contaxiados. Neste caso, foron 168 novos infectados.

Con estes datos, os casos activos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúanse xa en 2.455. Son 90 máis que onte. É a área onde máis crece a incidencia.

Desde o inicio da pandemia 7.732 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 78 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 109 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 141.439, 1.269 nas últimas horas. Delas, 148 deron positivo (11,68%). A estas probas súmanse as 54.250 serologías realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.608, 97 máis que o día anterior. Deles 6.020 son da área da Coruña, 2.129 da de Lugo, 2.949 da de Ourense, 2.455 da de Pontevedra, 3.851 da área de Vigo, 3.425 da de Santiago e 1.779 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 232 están en UCI, 1.130 en unidades de hospitalización e 21.246 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 72.756 persoas curadas, rexistrándose 1.761 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.410.559 probas PCR, 12.580 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar a 1.185 novos infectados.