O Concello pon en marcha unha experiencia piloto para mellorar a atención urbanística aos profesionais do sector urbanístico. Así, a partir de agora terán un teléfono á súa disposición.
Esta medida forma parte das medidas que impulsa o Concello para axilizar o funcionamento do seu departamento de Urbanismo.
Os técnicos exporán a súa consulta a través dun formulario que será remitido ao funcionario correspondente, quen lle atenderá cando chame por teléfono.
Segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, manterase o horario de atención ao público de 9.00 a 12.00 horas, e desde as 12.00 atenderase as consultas telefónicas dos profesionais.
A iniciativa súmase á cobertura de tres vacantes de arquitectos, á adquisición dun novo local que permitirá reordenar os servizos de Urbanismo ou a elaboración unha nova ordenanza de simplificación administrativa que podería estar lista en xuño.