O servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra experimentou esta semana a alta tecnoloxía 3D+4K, que Olympus puxo por primeira vez a disposición dun hospital galego, en dúas intervencións de cirurxía minimamente invasora en pacientes con cancro de recto.
Unha equipa de cirurxiáns pontevedreses tiveron a oportunidade de probar esta semana a torre de laparoscopia 3D con visión mellorada.
Esta tecnoloxía engade a posibilidade de realizar técnicas de inmunofluorescencia para comprobar a correcta irrigación dos tecidos.
Con máis de 40 casos, a unidade do complexo hospitalario pontevedrés é referente a nivel autonómico na realización de técnicas de exérese completa de mesorrecto por vía combinada transanal e transabdominal.