Os Reis Magos adiantan a súa visita para agasallar bonecos aos nenos ingresados no Provincial

Pontevedra
04 de xaneiro 2020

Os menores ingresados no Hospital Provincial por estas datas recibiron este venres unha visita que, non por esperada, foi menos emotiva. Melchor, Gaspar e Baltasar pasaron polas súas habitacións para felicitarlles o ano novo e entregarlles algúns agasallos

Os Reis Magos no Hospital Provincial
Os Reis Magos no Hospital Provincial / Cristina Saiz

Os menores ingresados no Hospital Provincial por estas datas recibiron este venres unha visita que, non por esperada, foi menos emotiva. Melchor, Gaspar e Baltasar pasaron polas súas habitacións para felicitarlles o ano novo e entregarlles algúns agasallos.

Nesta ocasión, foron cargados cos bonecos artesanais que, durante os últimos meses, teceron uns máxicas paxes na tenda 'Pepa y Punto' da rúa Loureiro Crespo.

Eles mesmos deron as últimas puntadas a algúns destes bonecos, elaborados con la e trapo, unha das especialidades do taller deste establecemento.

Tras recoller os bonecos, os Reis Magos chegaron a pé ao centro hospitalario e foron repartindo os seus agasallos a unha trintena de ilusionados nenos que, por un motivo ou outro, pasan estes días na habitación de hospital.