O Concello de Moraña está a prestar especial atención durante esta etapa de corentena a 160 familias do municipio para axudalas a superar as dificultades económicas e sociais provocadas pola pandemia do coronavirus.
O goberno local ten en marcha unha decena de prestacións centradas en manter o benestar da poboación que consisten na subministración de alimentos, medicamentos e produtos básicos; asistencia a domicilio, entrega de material ou tarefas escolares porta a porta. Para solicitar calquera destes servizos, os veciños só teñen que chamar por teléfono ao Concello para explicar a súa situación.
En concreto, son 53 as familias ás que se lle está fornecendo alimentos ou produtos de primeira necesidade, a 25 fogares lévaselles as tarefas escolares, a axuda domiciliaria atende a 39 persoas e a tres préstaselles atención psicolóxica. Así mesmo, xestionáronse 15 peticións de axuda de comedor escolar, chámase a diario a 20 maiores que viven sós e realízase unha atención directa a 5 veciños con enfermidades.
"Temos un amplo espectro de servizos municipais para levar o mellor posible esta crise e todos eles están abertos para que calquera veciño sómese no momento que os poida necesitar", declarou a alcaldesa, Luísa Piñeiro, quen non descarta ampliar aínda máis a carta de servizos de benestar munciipales en función das necesidades dos veciños.
Doutra banda, o centro de saúde de Santa Lucía recibiu hoxe a visita de taxistas, membros de Protección Civil e axentes da Garda Civil e Policía Local para brindar un simbólico aplauso aos profesionais sanitarios que desempeñan o seu labor neste centro.