Os socialistas acusan a CC.OO. de difundir "perigosas mensaxes de odio"

Pontevedra
02 de abril 2019

O voceiro do Grupo Municipal do PSOE, Tino Fernández, cre que o sindicato Comisións Obreiras está a amosar unha preocupante deriva cara "o hooliganismo", traspasando "a liña vermella", ao difundir "mensaxes de odio" que os poñen "no punto de mira"

Xuntanza entre o PSOE e ENCE
Xuntanza entre o PSOE e ENCE / Mónica Patxot

O voceiro do Grupo Municipal do PSOE, Tino Fernández, cre que o sindicato Comisións Obreiras está a amosar unha preocupante deriva cara "o hooliganismo", traspasando "a liña vermella", ao difundir "mensaxes de odio" que os poñen "no punto de mira".

O voceiro do PSOE advírtelle á organización sindical que está a actuar "deliberadamente" dun xeito "irresponsable", que pode conlevar "importantes riscos, incluso dende o punto de vista físico" para as persoas que puxo "na diana das iras dos traballadores".

Ademais, o socialista asegura que "o señor Pedrosa está a errar o seu disparo", xa que, no caso de que alguén teña algunha responsabilidade nesta situación "son a empresa e o PP, que fixeron as cousas realmente mal". "A empresa enganou aos traballadores e o PP enganou á empresa. Máis que equivocar o tiro, o que quere CC.OO. é desvialo dos verdadeiros responsables", matiza.

"O PSOE xamais estivo a favor de nada que non sexa o traslado dentro da comarca de Pontevedra e, polo tanto, do mantemento dos postos de traballo e da pasteira na nosa contorna", apunta.

Finalmente engaden Fernández lembra que a Avogacía do Estado é un órgano que "defende os intereses do Estado, e non do Goberno, polo que as súas decisións non poden ser influídas por intereses persoais nin partidistas". "Coido que isto non é tan difícil de comprender -subliña- e CC OO está a insulta-lo traballo da Avogacía do Estado. Desminto rotundamente que nós tivesemos capacidade algunha de influír na Avogacía".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en