Os socialistas demandan ao goberno municipal medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes

Pontevedra
31 de xaneiro 2018

"Non basta con predicar, tamén hai que dar exemplo. O goberno municipal debe tomar medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes". Así de contundente se manifestou Paloma Castro, concelleira do PSOE tras presentar unha iniciativa na que reclama medidas activas ao goberno local para solventar ese problema

O alcalde de Pontevedra xunto a representantes do PSOE
O alcalde de Pontevedra xunto a representantes do PSOE / Mónica Patxot

"Non basta con predicar, tamén hai que dar exemplo. O goberno municipal debe tomar medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes". Así de contundente se manifestou Paloma Castro, concelleira do PSOE tras presentar unha iniciativa na que reclama medidas activas para solventar ese problema.

O grupo municipal do Partido Socialista no Concello de Pontevedra ven de rexistrar unha moción na que instan ao goberno local a incluir nos pregos de cláusulas dos contratos a obriga por parte do contratista de dar cumprimento á normativa vixente en materia de igualdade efectiva ente mulleres e homes tal e como dispón a Lei Orgánica 3/2007.

"Actualmente nos pregos non se está a incluír esta obriga e aos socialistas parécenos que non é de recibo que un goberno que pretende xestionar dende a esquerda esqueza a loita pola igualdade nun ámbito tan importante", indicou a concelleira Paloma Castro.

Os socialistas entenden que a través da consecución de obxectivos sociais na contratación pública avanzarase na igualdade efectiva entre homes e mulleres.