Os socialistas denuncian a presenza de malos olores, fochancas e maleza en Ponte Sampaio

Pontevedra
27 de agosto 2018

Tino Fernández, voceiro municipal do PSOE, presentou unha iniciativa instando o goberno local de Fernández Lores a prestar atención a esta parroquia pontevedresa que, segundo os socialistas, atópase en situación de abandono

Maleza nas cunetas de Ponte Sampaio
Maleza nas cunetas de Ponte Sampaio / PSOE

Tino Fernández, portavoz do grupo municipal socialista, presentou unha iniciativa reclamando ao goberno local de Fernández Lores que se solucionen problemas que se detectaron na parroquia de Ponte Sampaio. 

Os socialistas indican que hai contedores de lixo en moi mal estado e que non se limpan de forma adecuada nin se repoñen cando sofren danos. Neste sentido, denuncian que os contedores situados xunto á ponte medieval emitiron durante días cheiros insoportables. Sinalan que a empresa concesionaria do servizo de lixo levou a cabo a limpeza despois das numerosas queixas veciñais. A ponte medieval é un dos lugares máis visitados, sobre todo polos peregrinos e, segundo o PSOE, a imaxe que ofrecen estes contedores deixa moi mala impresión.

Ademais, Tino Fernández incide no estado das cunetas cheas de maleza e con buracos no asfalto. Tamén alerta sobre o abandono dos lavadoiros públicos que forman parte da historia da parroquia.

Outro dos puntos nos que os socialistas piden unha solución atópase no perigo que presentan algúns tramos da estrada autonómica que atravesa a parroquia. O portavoz do PSOE sinala que o goberno local comprometeuse a tratar este tema coa Xunta para mellorar a seguridade e con todo, non ven avances.

Ante esta situación, o grupo municipal socialista pide maior atención do equipo de Fernández Lores ás parroquias e en concreto á de Ponte Sampaio, por atoparse máis afastada do centro urbano de Pontevedra.