"O Concello debe darlle prioridade ao arranxo da rúa da Santiña" indicou o concelleiro do PSOE, Iván Puentes, tras presentar unha moción instando o seu arranxo integral.
Os socialistas propoñen a rehabilitación da rúa cun pavimento que permita, por unha banda, transitar por ela en condicións óptimas de seguridade e, por outra, poñer en valor a importancia histórica e turística, como ruta romana e de peregrinación a Compostela, deste vial.
Asimesmo, o grupo municipal do PSdeG pide poñer en valor a Fonte da Santiña, e proceder a un mantemento regular da zona para evitar que se deteriore. "Todo elo aproveitando, de ser posible, os fondos europeos recentemente conseguidos", apuntan.
"O goberno ten que deixar de facer anuncios e proceder a concretar actuacións", finalizou dicindo o socialista Iván Puentes.