Os socialistas propoñen a elaboración dun plan de impulso e activación do comercio local

Pontevedra
03 de xullo 2018

"No nos podemos quedar de brazos cruzados. Es urgente actuar ante una situación que empieza a ser muy preocupante", indicó el portavoz del grupo municipal del PSOE, Tino Fernández, tras presentar una moción instando al gobierno a adoptar medidas para poner en marcha un Plan de Impulso y Activación del Comercio Local

Liquidación por peche nunha zapataría da rúa San Antoniño
Liquidación por peche nunha zapataría da rúa San Antoniño / Mónica Patxot

"Non nos podemos quedar de brazos cruzados. É urxente actuar ante unha situación que empeza a ser moi preocupante", indicou o portavoz do grupo municipal do PSOE, Tino Fernández, tras presentar unha moción instando o goberno a adoptar medidas para poñer en marcha un plan de impulso e activación do comercio local.

Nos últimos tempos está a acelerarse, segundo os socialistas, unha tendencia que vén manifestando desde hai anos: o peche de comercios emblemáticos de Pontevedra. "Estamos a padecer unha sangría inasumible para unha cidade na que o sector servizos xoga un papel fundamental. O pequeno comercio xera moitos postos de traballo e moita actividade económica", sinalou o portavoz do PSOE

Os socialistas recoñecen que "se están facendo cosas" pero "a realidade mostra que non son suficientes" e apuntan que o goberno municipal "non pode esconderse alegando que non é competencia súa", engadindo que nesta tarefa "todos temos que colaborar".

Neste sentido lembran que os concellos teñen mecanismos que deben poñer en marcha para favorecer a consolidación do pequeno comercio. "Pódense tomar medidas fiscais e como xa propuxemos os socialistas e tamén se pode levar adiante unha política mais activa".

O pequeno comercio enfróntase a problemas en moitas cidades coa competencia das grandes cadeas e as vendas por Internet, que cambiaron os hábitos de compra da xente. Pero o pequeno comercio segue sendo "fundamental", explica Fernández, para a actividade económica da cidade.

"Hai que buscar fórmulas para revitalizalo e darlle ánimo. Está a facerse noutras cidades e noutros países con notable éxito. O modelo de cidade tamén pasa por manter e fortalecer o noso comercio", di Tino Fernández.

Os socialistas cren que hai que actuar con medidas que modernicen e fagan atractivo comprar no comercio tradicional da nosa cidade. Nese sentido propoñen levar a cabo unha auditoría da situación actual.

Ademais, propoñen actuar en catro grandes direccións: impulsando á innovación mediante a formación e a modernización do negocio coa implantación de novas tecnoloxías e ferramentas comerciais, aplicando novas fórmulas de dinamización comercial, mellorando as contornas comerciais ou implementando políticas que favorezan a apertura de novos comercios ou ampliación dos actuais (fiscalidade ou axudas directas á contratación).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora