Os socorristas de Sanxenxo atenderon case 9.000 bañistas en verán

Sanxenxo
26 de setembro 2018

Os areais cun maior número de intervencións foron Silgar con 1.670 actuacións, seguida de Montalvo con 1.036 intervencións e Areas con 956; mentres que as menos activas foron Areas Gordas-A Lapa, e Paxariñas

Socorristas na praia de Canelas
Socorristas na praia de Canelas / Concello de Sanxenxo

Un total de 8.620 bañistas foron atendidos este verán polos socorristas e sanitarios das praias de Sanxenxo, segundo consta no informe detallado do servizo.

A campaña do servizo de emerxencias realizou actuacións en Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Areas Gordas-A Lapa, A Lanzada e coas dúas embarcacións que percorren o litoral do municipio.

Os areais cun maior número de intervencións foron Silgar con 1.670 actuacións, seguida de Montalvo con 1.036 intervencións e Areas con 956; mentres que as menos activas foron Areas Gordas-A Lapa, e Paxariñas.

Do total de intervencións destacan os 1.827 avisos polo cumprimento do bando de normas da praia, dos cales 453 foron realizados por unha das embarcacións.

Destacan tamén as 1.743 intervencións por feridas, das cales 418 foron en Silgar e as 1.469 picaduras de faneca, con Montalvo e Canelas á cabeza, con 281 e 250 picaduras respectivamente. 

Foron 66 o número de socorristas e sanitarios que vixiaron as praias de Sanxenxo desde o pasado 15 de xuño.

A intención do goberno é que, a partir de agora, cada ano se incremente o número de praias que dispoñan de todos os seus servizos desde o mes de xuño.

O Concello entende que Sanxenxo debe facer todo o que estea na súa man para atraer máis visitantes en xuño e setembro, meses nos que, en comparación con xullo e agosto, cando practicamente rózase o cheo, aínda hai unha marxe de crecemento.