Cunha concentración ás portas do Hospital Provincial de Pontevedra os técnicos superiores sanitarios arrincaron este martes o calendario de protestas para reivindicar a creación dun "marco de diálogo institucional transparente", agora inexistente, que atenda as súas demanda dunha formación universitaria.
Segundo denuncian, España é o único caso de segregación dos títulos académicos provocando desvalorización profesional con respecto aos homólogos europeos e impedindo o recoñecemento automático das súas cualificacións.
Propoñen unha emenda no Senado á nova Lei de Formación Profesional solicitando a suspensión transitoria na súa aplicación en atención ao carácter de profesións sanitarias reguladas.
En concreto, piden que se unifiquen estas catro titulacións actuais de formación profesional de grao superior en dúas titulacións académicas de grao universitario de 240 ECTS cada unha.
Para o próximo día 23 de febreiro volveron a convocar concentracións nas portas dos Centros Sanitarios e o día 5 de Marzo celebrarán unha manifestación en Madrid.