Os test de antíxenos para detectar a covid-19s terán un prezo máximo de 2,94 euros. Así o fixou este xoves a Comisión Interministerial dos Prezos dos Medicamentos, órgano colexiado do Ministerio de Sanidade do que forman parte outros ministerios e as comunidades autónomas españolas.
A ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, anunciou que a partir deste sábado 15 de xaneiro, non se poderá vender ningún test de antíxenos a un prezo superior.
O Goberno de España decidiu tomar esta medida tras dispararse nas últimas semanas os prezos das probas e segue a mesma política que a adoptada no seu día para limitar o prezo máximo das máscaras.
Así, segundo explicou Darias, optouse por esta limitación "dado que se trata dun produto de moita demanda" e quíxose "fixar un prezo o máis alcanzable posible".
A decisión afectará a todos o test de venda en farmacias aprobados pola Axencia do Medicamento.
A medida entrará en vigor o sábado porque previamente deberá publicarse no Boletín Oficial do Estado este venres.