Os traballadores da área sanitaria de Pontevedra chamados á folga o 10 de decembro

Pontevedra
21 de novembro 2013

Os traballadores da Sanidade Pública acaban de convocar unha folga na Área Sanitaria Norte de Pontevedra. Os recortes salariais, o copagamento nos medicamentos, a xestión clínica, a escaseza de contratacións, a movildade de persoal entre servizos, a diminución de equipo, a redución de pagas extra, o recorte de salarios, o cómputo da xornada, as privatizacións de servizos son algunhas das razóns que segundo os sindicatos xustifican esta folga  

Os traballadores da Sanidade Pública acaban de convocar unha folga na Área Sanitaria Norte de Pontevedra.

A folga levarase a efecto dende as 00.00 horas do día 10 de decembro ata as 00.00 horas do 11 decembro. A convocatoria abrangue a todos os traballadores de Sergas da devandita área sanitaria.

O secretario dos Traballadores da Sanidade Pública, Cándido Sartier, xustificou esta medida de protesta "porque a Administración Sanitaria de Galicia está a promover implantación de áreas de xestión clínica, que o noso sindicato considera que son un elemento mais de privatización da xestión e da atención sanitaria, co que estamos en profundo desacordo".

Nunha rolda de prensa convocada este xoves, Sartier explicou que "ademáis se está a producir un recorte, sostido non tempo, do plantel de traballadores sanitarios e de xestión e servizos, e das contratacións que substitúen os traballadores do Sergas, que incide directamente na perda de calidade asistencial".

O obxectivo da folga consiste en protestar contra esta "liña de privatizacíon e de recortes da Administración sanitaria de Galicia coa intención de que sexan modificadas a favor dunha mellora das condicións laborais" dos traballadores e das prestacións sanitarias públicas.

TRES CONVOCATORIAS DE FOLGA

Dáse a coincidencia de que nestas mesmas datas hai outras dúas convocatorias de folga.

Os sindicatos médicos foron os primeiros en convocar en Galicia unha folga na sanidade pública para os días 9 e 10 de decembro, e tamén a CIG e Comisións Obreiras chamaron os máis de 33.000 traballadores da sanidade galega a secundar un paro por unha sanidade pública de calidade.

Os recortes salariais, o copagamento nos medicamentos, a xestión clínica, a escaseza de contratacións, a mobilidade de persoal entre servizos, a diminución de equipo, a redución de pagas extra, o recorte de salarios, o cómputo da xornada, as privatizacións de servizos son algunhas das razóns que segundo os sindicatos xustifican esta folga.