Os traballadores de ENCE negan relación cos estragos na sede do PSOE

Pontevedra
28 de abril 2019

Os comités de empresa de Ence, representantes dos traballadores na fábrica de Lourizán e nas súas oficinas, manifestaron a súa "repulsa" e a súa "indignación" ante os feitos vandálicos que se produciron na sede do PSOE de Pontevedra, onde se produciron desfeitas que "condenamos rotundamente"

Manifestación de apoio a ENCE en Pontevedra Mónica Patxot

Os comités de empresa de Ence, representantes dos traballadores na fábrica de Lourizán e nas súas oficinas, manifestaron a súa "repulsa" e a súa "indignación" ante os feitos vandálicos que se produciron na sede do PSOE de Pontevedra, onde se produciron desfeitas que "condenamos rotundamente".

A través dun comunicado, os traballadores lembran que todas as súas mobilizacións en defensa da continuidade da empresa pasteira caracterizáronse "polo seu civismo e o seu pacifismo", polo que negan estar relacionados con eses feitos.

A este respecto, lamentaron que tras o "éxito" da súa manifestación do pasado venres aparecesen estes "oportunos e sospeitosos" actos vandálicos que "non parecen ter outro fin que roubar o protagonismo e  ensuciar nosa causa".

"Pedimos unha pronta actuación por parte das autoridades competentes para a investigación e aclaración da autoría destes feitos", engaden os traballadores.

Con respecto á marcha de hai dous días, os comités de empresa agradecen o apoio recibido e celebran o "comportamento cívico exemplar" que mantiveron todos os seus asistentes en defensa dos postos de traballo de máis de 5.000 familias.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora