Os traballos de mellora da superficie do Pavillón da Seca están a cumprir cos prazos establecidos

Poio
20 de xaneiro 2023

A concelleira de Deportes do Concello de Poio, Marga Caldas, comprobou esta semana o avance que están a experimentar as obras de mellora da superficie do pavillón polideportivo da Seca, situado na parroquia de San Xoán

Obras no Pavillón da Seca
Obras no Pavillón da Seca

A concelleira de Deportes do Concello de Poio, Marga Caldas, comprobou esta semana o avance que están a experimentar as obras de mellora da superficie do pavillón polideportivo da Seca, situado na parroquia de San Xoán. 

Esta era unha actuación moi necesaria e demandada polos clubs e deportistas que fan un uso habitual destas instalacións, tanto para competir como para levar a cabo os seus adestramentos, xa que se facía preciso reparar as deficiencias detectadas.

Caldas mantivo un encontro con representantes da empresa responsable de actuación, que conta cun financiamento que ascende a máis de 200.000 euros. A responsable do departamento de Deportes destaca o bo ritmo dos traballos e sinala que "se están a cubrir cos prazos previstos". 

A día de hoxe xa se dotou á infraestrutura dunha nova base de formigón, a través da cal se garante a reparación de desniveis e desperfectos que foran detectados a través dun estudo previo. Está previsto que en febreiro xa se leve a cabo a dotación dunha nova superficie homologada, de primeira calidade. Ademais, tamén se procederá a habilitar un novo videomarcador, entre outras melloras.

Esta é a segunda reforma de relevancia que experimenta o pavillón da Seca no actual mandato, logo que no ano 2021 tamén se levase a cabo a mellora da cuberta, que incluíu, a maiores, a dotación de novo alumeado led, o que garante nun consumo moito máis eficaz de enerxía. Esta actuación tamén rondou os 200.000 euros.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora