Os transportistas desconvocan o paro de subministración a ENCE

Pontevedra
27 de decembro 2018

A empresa papeleira abre unha vía de negociación de todos os puntos cos convocantes da folga entre o 15 e o 25 de xaneiro

Transporte de madeira á fábrica de ENCE
Transporte de madeira á fábrica de ENCE /

A Plataforma en Defensa do Transporte de Madeira por Estrada de Asturias e Galicia desconvocou o paro de subministración a ENCE.

Esta plataforma informou que acaba de chegar a un "primeiro acordo" coa empresa ENCE para iniciar entre o 15 e o 25 de xaneiro as negociacións das melloras nas condicións laborais dos transportistas de madeira nas sedes de Pontevedra e Navia.

Desde a plataforma agradeceron a todos os profesionais que secundaron o paro "o seu tesón e firmeza para alcanzar os obxectivos marcados". 

Así mesmo aseguran que a partir do 15 de xaneiro, "esperamos que comece unha nova etapa na relación de ENCE cos seus provedores a fin de mellorar as condicións laborais e de seguridade reclamadas".