Os tres meses de folga xeraron nos xulgados un atasco dun ano

Pontevedra
09 de maio 2018

Noventa días de folga dos funcionarios da administración de Xustiza deixaron sobre a mesa máis de 25.000 xuízos suspendidos e outras 60.000 actuacións paralizadas, un atasco na actividade xudicial que necesitará polo menos un ano de prazo para resolverse, segundo os cálculos realizados polo Consello da Avogacía Galega

Arquivos nos Xulgados da Parda
Arquivos nos Xulgados da Parda

Noventa días de folga dos funcionarios da administración de xustiza deixaron sobre a mesa máis de 25.000 xuízos suspendidos e outras 60.000 actuacións paralizadas, un atasco na actividade xudicial que necesitará polo menos un ano de prazo para resolverse, segundo os cálculos realizados polo Consello da  Avogacía Galega.

A Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deseñarán un plan de traballo para recuperar a normalidade.

Os sindicatos queren que as horas extras para desatascar o tapón se cubran só cos traballadores que secundaron a folga para que así poidan recuperar o diñeiro descontado nas súas nóminas, entre 62 e 80 euros cada día de paro, segundo a categoría laboral.

A administración autonómica rexeita esta proposta e apunta que o plan será para todos os traballadores.